auganeve

Auga de chuvia moi fría que cae mesturada con neve fina

Etimoloxía

Composto de “auga”, que vén do latín aqua, -ae e “neve”, que procede de nix, nivis, de significado semellante.

Exemplos *

“Non sei durante cantas horas erramos sen rumbo ou así mo parecía por aqueles montes, convertidos de perseguidores en perseguidos, ameazados polos refachos de vento que nos cegaban, pola auganeve que nos calaba até os ósos.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)

“Un vento frío, en remuíños, con partículas de xeo e auganeve impúlsao despois de cada paseo a este local morno, na procura de compaña.” (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.