augardente

Bebida alcohólica obtida ao destilar o bagazo ou outros produtos como froitas ou cereais, despois de fermentaren.

Etimoloxía

Na formación desta voz combínanse auga, de aqua, -ae e ardente, do participio do verbo ardere, ambos os dous do latín.

Exemplos *

“… a gran cata da augardente que mantén ó asexo ós colleiteiros da zona por ver quen consegue o premio á mellor augardente branca, de herbas e tostada, facendo na véspera da degustación da anguía unha gran queimada popular.” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico)

“… apareceu co Armagnac que penso eu que o trouxo para non ter que seguir bebendo augardente da queimada.” (Lois Caeiro: O Correo Galego 17-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.