Os ouriños
Etimoloxía
Frase formada polo substantivo “auga” que vén do equivalente latino aqua e o adxectivo “menor” que bebe no latín minor ‘máis pequeno’.
Exemplos *
“Pola noite, deixábase un ouriñal debaixo da cama, por se houber algunha urxencia fisiolóxica. Enténdese que servía para recoller as augas menores, pois de non ser así terían que levantarse para ir ó retrete.” (Xavier Castro: Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX, 2007)
“...puido estricar as pernas andando pola ampla estancia de lona, aínda que só fosen uns poucos pasos, en calquera caso os precisos para se achegar a un penico, situado nunha discreta esquina, e aliviar as augas menores que fora acumulando na súa sufrida vexiga.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.