augas mortas

Auga que está estancada

Etimoloxía

Frase formada polo substantivo “auga” que vén do equivalente latino aqua, modificado mediante o adxectivo “morto” que procede do latín mortuus ‘defunto’.

Exemplos *

“Semella que todo cambia, que todo se move, que o progreso é o que conduce a historia. Mais pode ser unha aparencia. Hai partes do río que son augas mortas, apozadas, sen vida.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)

“Marcelino, que tamén ten un bar e un emprego como carteiro, sinte que pode deixar de ter o río axiña. "Isto vaise converter en augas mortas, porque un encoro non é máis que augas mortas".” (Pancho Tristán: Galicia Internacional, 4-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.