augas

Augas que, debido aos seus constituíntes, posúen propiedades de curación

Etimoloxía

Palabra que chega desde o latín aqua, -ae ‘auga’.

Exemplos *

“No verán de 1966 visitei á miña nai, que pasaba uns días en Guitiriz para tomar as augas, e, con noite pecha, saín a pasear pola vila baleira de xente, silandeira.” (Siro: La Voz de Galicia, 15-06-2014)

“...práctica que se conserva en Galicia, onde segue a empregarse o termo “tomar as augas” ou “ir ás augas” por parte dos auguistas que acoden aos balnearios actuais a tratarse.” (Raquel Casal García e Silvia González Soutelo: Os balnearios de Galicia: orixe e desenvolvemento, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.