augurio

Predición feita por un augur / Predición ou anuncio dun suceso a través de sinais ou indicios

Etimoloxía

Vocábulo procedente do latín augurium.

Exemplos *

“E se os augurios dos druídas no bosque dos carnutos da Galia erraron, tampouco os conxuros que fixeron os cinco druídas coas súas varas máxicas, na costa británica ante a flota romana, detiveron as naves.” (Suso de Toro: O país da brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta, 2000)

“E por mor daquela unión organizáronse un importante número de actos, que comezaron o 26 de marzo de 1933 no Areal. Ceibáronse, como bo augurio inicial, dez mil pombas, para que regresasen en voo directo ós seus pombais portugueses.” (Xerardo González Martín: Vigo. No espello dos nosos avós, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.