aula

Sala destinada ao desenvolvemento das clases nun centro de ensino.

Etimoloxía

Chegou da forma idéntica do latín, adaptación do grego aule –es ‘espazo aberto’ ou ‘patio’.

Exemplos *

“Eu pasei a miña vida metida nunha aula, polo menos traballo a cuberto, e son a única da familia que se queixa.” (Suso de Toro: Calzados Lola)

“Eu traballaba, limpaba as aulas da escola cando todo remataba e chegaba o silencio ó edificio, e despois asistía ás clases nocturnas para sacar o certificado de escolaridade.” (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.