Algo facerse máis grande en extensión, volume, intensidade etc.
Etimoloxía
Palabra que nos remite ao latín vulgar augmentare de significado semellante.
Exemplos *
“A esperanza de vida aumentou moitísimo no mundo occidental ao longo do século XX.” (Jorge Mira: A ciencia no punto de mira, 2011)
“A fascinación de Mary polo barco aumentou aínda máis ao entrar no camarote do capitán.” (María Reimóndez Meilán: Pirata, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.