aurícula

Cada unha das dúas cavidades superiores do corazón, que reciben o sangue das veas.

Etimoloxía

Chegou da forma idéntica do latín, diminutivo de auris, -is ‘orella’.

Exemplos *

“Percorría inqueda o silencio dos ventrículos, durmía na tranquilísima aurícula esquerda con ventás que daban a aquela rúa onde os autos atropelaban sempre de maneira calada.” (Emma Pedreira: Bestiario de silencios)

“A folla seccionáralle o caxato aórtico, e se iso non abondara, traspasáralle a aurícula esquerda.” (Xabier López López: O caderno)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.