aurora

Claridade que precede á saída do Sol

Etimoloxía

Voz que nos chega desde o latín aurora de significado semellante.

Exemplos *

“Arriba / todas, rapaciñas do lugar!, / que o sol / i a aurora xa vos vén a dispertar. / Arriba! / Arriba, toleirona mocidad!” (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 1863)

“Así topei o nome perfecto para ela, acababa de nacer, polo tanto a ningún lle sería máis axeitado. A aurora é o nacemento da luz, do día, pero tamén dun proceso, dunha era, ou, neste caso, dunha vida.” (María Xosé Castelo Lestón: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.