Circunstancia de non atoparse unha persoa ou cousa no lugar onde debería estar ou se desexaría que estivese / Tempo durante o cal alguén está ausente
Etimoloxía
Voz que bebe da palabra latina absentem de significación semellante.
Exemplos *
“E a auséncia cumprirá o seu oráculo / cando a noite sexa o fundo, / cando o mesmo mar a noite, / e o silencio / diga a última palabra.” (Luísa Villalta: Música reservada, 1991)
“As noites tiñan a imaxe da anguria. / Tódalas cousas da nosa vida anterior estaban arrombadas nunha almacenaxe de ausencias.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.