autocracia

Sistema político en que os poderes se concentran nunha soa persoa, que goberna con autoridade ilimitada e segundo a súa vontade

Etimoloxía

Termo que recibimos do francés autocratie, que, á súa vez, esta voz bebe do grego autokráteia ‘poder absoluto’.

Exemplos *

“Fronte ao ascenso do nazismo, respondeu Ríos, e mentres a maioría dos xuristas se camuflaban, Hans Kensel tiña o valor e a claridade de dicir que só había dúas formas posíbeis de Estado: ou democracia ou autocracia.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)

“Irina contáranos que esta columna se alzou en 1913 con motivo do 300 aniversario da casa real dos Romanov, e cinco anos máis tarde, en 1918, borráronse nela os nomes dos tsares e o emblema da autocracia.” (Xulio Ríos: ¿Que foi daquel soño?, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.