autodidacta

Que se instruíu ou educou a si mesmo sen axuda de ningún mestre.

Etimoloxía

Vén do grego autodidaktós, formado con autos 'un mesmo' e didasko 'ensinar'.

Exemplos *

"… foi autodidacta no cinema, é hoxe en día autodidacta no teatro, tamén no amor … e agora tócalle ser autodidacta tamén no tema empresarial." (Francisco Castro: Amor de cinema)

"De formación autodidacta, acabou por ter un máis ca aceptable coñecemento dos poetas románticos ingleses e alemáns, do teatro de Corneille e Racine e da obra de Chaucer ou Ronsard." (Xavier Lama: Os moradores da nada)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.