automóbil

Vehículo de catro rodas movido pola acción dun motor.

Etimoloxía

Formouse combinando o elemento grego auto ‘por si mesmo’ con móbil, descendente do latín movere ‘mover’.

Exemplos *

“Acelerou a fondo e o automóbil estivo a piques de esvarar fóra de estrada e caer polo monte abaixo.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas)

“A propia urxencia facíao torpe, e levoulle un anaco irritante dar coas chaves do automóbil, extraviadas nas dobras dalgún peto.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.