autonomía

Poder dun individuo de actuar con independencia e decidir por si mesmo.

Etimoloxía

Derivado do vocábulo heleno autonomía 'dereito de rexerse por leis propias'.

Exemplos *

"Remata cunha vehemente incitación á liberación da muller, que ela entende ha de pasar necesariamente pola autonomía económica e o traballo fóra da casa." (África B. López Souto: Simone Beauvoir)

"Mais insístese en que o campo literario debe manter a súa autonomía, deixando calquera intento de modificación da situación para a esfera política." (María López Sande: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.