autor, -a

Persoa que realizou unha obra literaria, artística etc.

Etimoloxía

A palabra que vén da latina auctor, -oris ‘autor’ ou ‘inventor’.

Exemplos *

“Unhas pezas acabaron de encaixar na cabeza de Helena, e outras desencaixáronse na súa gorxa seca. Agora que as cartas tiñan unha autora con rostro, pareceulle unha profanación seguir lendo.” (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos, 1993)

“Despois do "concerto" acabamos bailando vellas cancións románticas ata altas horas da noite. Impera naquela casa unha estética do corpo, tanto nos moitos cadros do dono e doutros autores e autoras, como nos modelos reais que por alí se moven.” (Marica Campo: Memoria  para Xoana, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.