Debuxo, pintura ou fotografía que unha persoa realiza de si mesma
Etimoloxía
Palabra formada polo prefixo “auto-“ elemento de orixe grega que significa ‘de si mesmo’ que se engade ao nome “retrato”, préstamo do italiano ritratto ‘imaxe’.
Exemplos *
“Os seres humanos levan facéndose autorretratos fotográficos desde que foi posible coller a cámara e apuntala cara un mesmo.” (Ana Bulnes: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 4-2015)
“Nas salas percorremos o traballo fotográfico que vai dende 1991 até a actualidade. Con dous grandes eixos temáticos: retratos e autorretratos, por unha banda, e arquitecturas e paisaxes, por outra.” (Xosé M. Buxán Bran: A Nosa Terra, 15-1-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.