Práctica que consiste en poñerse á beira da estrada solicitando a parada dun vehículo, mediante un sinal co polgar e o brazo estirado, para viaxar gratuitamente
Etimoloxía
Palabra formada polo prefixo “auto-“ e o vocábulo inglés stop 'parada'.
Exemplos *
“Devecía por ver o mar. Mergullado naquel callón de chuvia, case anoitecendo, púxenme a facer autostop camiño de Río de Esteiro, cara á casa, agora deshabitada, dos meus avós.” (Xaime Domínguez Toxo: Contos da Baiuca, 2006)
“Sentíase paralizado, unha estatua: Home sentado con maleta. Folgoso para tomar folgos. Ou tomaba unha decisión ou morría alí. Pedir un taxi, facer autostop, reservar un cuarto, chamar a Carme, comer máis xamón ou asubiarlle á lúa.” (Xurxo Borrazás: Na maleta, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


