auxiliar de voo

Persoa que atende nun avión os pasaxeiros e a tripulación.

Etimoloxía

Esta locución fórmase sobre o núcleo auxiliar que procede do latín auxiliaris, –e 'o que dá axuda ou asistencia' que se modifica coa frase preposicional de voo que delimita en que ámbito axuda, nun avión.

Exemplos *

"E facíano bastante ben, ó meu entender, especialmente a auxiliar de voo Lilith." (Xoán Bernárdez Vilar: Big Bang)

"Propoño que Ryanair substitúa o seu conselleiro delegado por un auxiliar de voo en prácticas cuxo soldo anual é duns 13.200 euros" (E. P.: Galicia Hoxe 15-09-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.