Compromiso ou garantía de pagar, por medio de sinatura ou documento, en caso de non poder facelo o que está obrigado
Etimoloxía
Préstamo do francés aval e que posúe o mesmo significado.
Exemplos *
“As condicións aparentemente máis favorables remataban ás veces en fracasos sonados, mentres que un garaxe cun taboleiro enriba duns bidóns elevaba aos seus propietarios desde o paro e a escaseza á solvencia e aos créditos sen avais.” (Xurxo Borrazás: Na maleta, 2000)
“Polo de agora no había banco que cedese sen un aval seguro.” (Xosé Alfredo Naz Fernández: Círculo / III. Sonia, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.