avalancha

Gran masa de neve que se desprende e se arrastra pola ladeira dunha montaña

Etimoloxía

Procede do vocábulo francés avalanche ‘derrubamento de neve das montañas’.

Exemplos *

“A tormenta traballou con furia alá arriba e mesmo nesa dirección vén unha avalancha de neve, ti sentes como touporroutea.” (Úrsula Heinze: O soño perdido de Elvira M., 1982)

“Os intres de maior poder transformador son os excepcionais, aqueles que se producen de cando en vez, en ocasións despois de centos de anos: grandes cheas, temporais, avalanchas de neve ....” (Augusto Pérez Alberti: Teceláns.Viaxes, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.