avaliar

Valorar o rendemento e dar unha cualificación a un alumno ou aos traballos realizados por el.

Etimoloxía

Formouse sobre valía, que remite ao verbo valer, do latín valere 'ser forte', pero tamén 'ter determinado valor'.

Exemplos *

"Rodríguez non contestou e por toda resposta emitiu un sorriso de complicidade coas palabras de Toni que viña avaliar positivamente o contido das súas últimas frases." (Manuel Forcadela: Barato, barato)

"Votar converteuse, cada catro anos, non nunha festa da democracia, onde se avalía o traballo desenvolvido, ao longo dun período determinado, por cada un dos partidos políticos, o seu programa de goberno, as súas propostas e a súa visión da propia sociedade, senón nunha das poucas ocasións onde se ten a oportunidade de elixir, ás veces na maior das indiferenzas, unhas siglas." (Xurxo Fernández Carballido: Tempos Novos 2005-10)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.