En dirección á fronte.
Etimoloxía
Chegounos do catalán, da palabra avant, procedente do latín vulgar abante.
Exemplos *
"Para evita-lo mal tempo e polo risco que corrían as súas vidas, teñen picado os aparellos polo mesmo courel para a continuación darlle avante a toda a máquina co obxectivo de saír axiña do perigo de morte." (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro)
"Afortunadamente, na costa apareceron de seguida fogueiras salvadoras, mentres o enorme fanal aceso da "Mora" indicaba a todos que o Duque seguía avante." (Xoán Bernárdez Vilar: No ano do cometa)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.