avatar

Identidade dixital que adopta un usuario dun servizo de Internet, como unha charla, xogo en rede ou foro

Etimoloxía

Vocábulo especializado do ámbito da informática que remite ao francés avatar que se remonta ao sánscrito avatâra ‘encarnación dun deus’.

Exemplos *

“As persoas que usan Fevir crean o seu propio 'avatar' co que poden moverse por un escenario virtual para visitar casetas, escoitar conferencias ou manter encontros privados con clientes e empresas.” (E.P.: Galicia Confidencial, 10-5-2021)

“Moitos usuarios ao longo de todo o mundo foron vendo como ao acender a súa Xbox 360 lles aparecía en pantalla unha aviso de que estaba dispoñible unha actualización do sistema, e así se abre a porta a unha nova experiencia de uso que introduce moitas novidades: avatares personalizados, unha interface renovada.” (Sevi Martínez: Código Cero, 11-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.