(Avena sativa) Planta da familia das gramíneas, de talo oco, delgado e alto, no extremo do cal hai unhas ramiñas con espigas moi pequenas que poden ter de dúas a nove flores.
Etimoloxía
Chegou da forma latina para designar esta planta, avena, -ae.
Exemplos *
"A festa rememora o labor que secularmente se ralizou á man e no que participaban todos os veciños para mallar trigo, centeo ou avea." (A Nosa Terra 15-01-2009)
"A Isabel estaba segando avea, desa que medra na veiga, entre a horta." (Xosé Manuel Martínez Oca: Náufragos en terra)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.