Ave nocturna da familia dos caprimúlxidos, de cor apencada parda e cinsenta e boca grande rodeada de barbas na parte superior
Etimoloxía
Denominación descritiva formada sobre “ave” do latín ave e o adxectivo “noiteira” que vén do latín noctem. A denominación científica é Caprimulgus europaeus.
Exemplos *
“...bota a correr cara abaixo, para seguir a falar coas faias silvestres e púrpuras, continuar a rir cos castiñeiros de indias, coas sequoias até o Lagares, que vai caladiño para que ela cante coas avenoiteiras, as noitebras, que chupan o leite das cabras...” (Marga do Val: Tizita e Sabela na procura,2016)
“A avenoiteira cincenta (caprimulgus europaeus) é unha gran descoñecida entre as aves galegas, malia non ser escasa no noso territorio.” (Xosé M. Rivas: La Voz de Galicia, 28-4-2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.