Suceso extraordinario que lle acontece a alguén / Empresa arriscada de resultado incerto
Etimoloxía
Vocábulo que vén do latín adventūra 'o que vai a vir', participio futuro activo de advenīre 'vir', 'chegar'.
Exemplos *
“Un home que estivera tan preto de min no comezo da aventura na terra dos devanceiros, tornaba novamente, como –sería así entón?– fechando un ciclo, como clave de algo que resultaba confuso e sempre disposto a novos labirintos na volta do camiño.” (Xosé Ramón Pena: O reservo do espello, 1984)
“E todas elas teñen que ver coa nosa grande aventura: a busca do doutor Livingstone, perdido nas brañas do Mañuema... Pero é verdade, hai que levar unha certa orde.” (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema, 1988)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


