avión

Aparello con ás e motor de hélice ou de reacción que lle permiten voar e que se utiliza para o transporte de pasaxeiros ou de mercadorías ou con fins militares, deportivos etc.

Etimoloxía

Termo que nos vén prestado do francés avion 'aparello para voar' que, á súa vez, remite ao latín avis que significaba 'ave' ou 'paxaro'.

Exemplos *

“Tíñalle medo a conducir, ao avión, á escuridade, á multitude, ao ascensor. Pero sobre todas as cousas tíñalle medo ao mar.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

“É catastrófico. Sen combustíbel habemos perder toda a nosa vantaxe tecnolóxica.

Nada de avións, helicópteros, barcos ou automóbiles. Teriamos que volver á candea e ao cabalo.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.