Pai ou nai dos pais dunha persoa
Etimoloxía
Vocábulo derivado do latín vulgar *aviolu, -a, diminutivo de avus, -ia que designaba ao pai ou nai materno ou paterno.
Exemplos *
“Estivo tomando café coa avoa e con mamá e non sei de que falaron.” (X.H Rivadulla Corcón: Amar unha serea, 2010)
“A cadea de reloxio de prata que representa o único vínculo físico con ese avó que el nunca coñeceu.” (Craig Patterson: Galicia Hoxe, 03-03-2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.