avogado -a

Persoa que ten como profesión aconsellar en asuntos xurídicos e intervir nos procesos xudiciais como defensor dunha das partes.

Etimoloxía

Este termo procede do latín advocatus, participio do verbo advocare ‘convocar’.

Exemplos *

“O seu fillo e o seu avogado levan días detidos e a ela hai tempo que lle teñen suprimidos todos os dereitos.” (Antón Losada: Galicia Hoxe 03-11-2010)

“O rapaz rematara Dereito e contaba de se recibir de avogado o máis axiña posible coa axuda do seu sogro, que sempre fora home de prácticas relacións sociais …” (Paco Martín: A bisneta lercha. Contos de sempre para ler hoxe)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.