Vento do sur ou do suroeste
Etimoloxía
Termo que procede do latín africus ‘de África’.
Exemplos *
“Un novilunio hedrou xunta ó carbeso, incrédulo perante o febreirizo faiscar das lumaradas ó calmizo dos ávregos, ó pé do faro aceso.” (Alexandre Nerium: Vogar de couse, 2003)
“Con ventos tolos, inquedantes...; cos corridos, desganados...; cos mareiros, insinuantes... Pero ós que máis partido lles quitaba era ós ávregos.” (Euloxio R. Ruibal: De corpo enteiro / A gárgola, 1994)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.