axadrezado, -a

Formado por cadros dispostos coma os dun taboleiro de xadrez, en que se alternan dúas cores

Etimoloxía

Vocábulo derivado por prefixación e sufixación sobre a base “xadrez” que vén do árabe hispánico aššiṭranǧ, este procede do clásico šiṭranǧ, o cal remite ao sánscrito chaturaṅga ‘de catro membros’.

Exemplos *

“Parei un pouco máis adiante ante unha casa coa fachada de baldosas en axadrezado branco e ocre cunha parra diante. Eu coñecía ao fillo máis novo dos donos, estudiara comigo e había anos que non o vía, andaba traballando por Barcelona tiña entendido.” (Suso de Toro: Calzados Lola (O dano e a absolución), 1998)

“Atraído por aquel brillo, virou a súa faciana e observou como unha lixeira raiola de luz se pousaba na auga que xa arrodeaba a súa cama en case toda a extensión daquel chan multiforme e axadrezado.” (Paco Yañez: ...distancias..., 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.