axardinar

Dar forma de xardín ou converter un terreo en xardín.

Etimoloxía

Formouse sobre xardín, voz procedente do francés jardin, a partir da forma antiga jart 'horta'.

Exemplos *

"… uns canteiros con varas de San Xosé, que axardinaban a entrada do bar, e enfiou por un carreiro entre o casarío da aldea …" (Bieito Iglesias: O mellor francés de Barcelona)

"… cos proxectos de ensanche urbano axardinado para Residencia Universitaria, a Cidade Xardín, a estación de ferrocarril, etc… representa unha alternativa á cidade histórica …" (José Ramón Soraluce Blond: Guía da arquitectura popular galega. Linguaxes e mensaxes)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.