azucena

Planta herbácea da familia das liliáceas, de bulbo e follas radicais, de onde sae un talo ergueito, no extremo do cal están as flores, xeralmente brancas, grandes e de moito recendo

 

Etimoloxía

Palabra que vén do árabe hispánico asussána, este termo chega do árabe clásico sūsanah ‘lirio’. O nome científico da planta Lilium candidum.

Exemplos *

“Baste desir que, xuntiñas / todas na porta da igrexa, / máis bonitas parecían / qu'un ramiño de asucenas.” (Rosalía de Castro: Cantares gallegos, 1863)

“Entre os soldados que soñan con azucenas brancas e os amantes separados por un fusil, entre os fillos de dous pobos que non terán a oportunidade de nacer, albiscamos a idea que o poeta ten da patria.” (Mario Regueira: Sermos Galiza, 7-9-2012)

Imaxes tiradas d'O Herbario de Rosalía’ (Fundación Rosalía de Castro, 2022)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.