azucre

Substancia doce, branca, que se disolve na auga e que se extrae sobre todo da remolacha e da cana de azucre.

Etimoloxía

Chegounos desde o árabe as-sukkar, probablemente do sánscrito xarkara ‘area grosa’.

Exemplos *

“Botou un pouco de cocacola na cunca do café e bebeu a mestura resultante sen lle botar azucre.” (Francisco Alonso: Trailer)

“Bebeu de vagar o café, insípido a pesar do azucre, mentres agardaba por Elvis, procurando adquirir a mesma tensión doutras xornadas …” (Manuel Forcadela: Fóra de xogo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.