Substancia doce, branca, que se disolve na auga e que se extrae sobre todo da remolacha e da cana de azucre.
Etimoloxía
Chegounos desde o árabe as-súkkar, probablemente orixinado a partir de xarkara 'area'.
Exemplos *
"…Choumín foi acosado polos lobos e non se lle ocorreu outra solución, para os manter a raia, que irlles ceibando as rosquillas bañadas en azucre con que o agasallaran na voda…" (Emilio Xosé Ínsua: Sermos Galiza 17-08-2012)
"Prefería almorzar chicoria como faciamos agora os máis vellos. Iso a pesar de que case nunca había azucre e tiñamos que tomala soa ou cunha culleradiña de mel, máis barato." (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.