babor

Lado esquerdo dunha embarcación, mirando desde a popa cara á proa.

Etimoloxía

Tomámolo do francés, da forma babord, que á súa vez procede do neerlandés bakboord, creado a partir da combinación de bak 'traseiro' e boord 'borda'.

Exemplos *

"… na entrada do golfo de San Vicente e, deixando por babor a Illa Kanguro, fondeamos na baía de Holfort cun vento moi duro do sur …" (Berbardo Máiz: Nautilus 1892-94)

"… había momentos en que sentía, iso si, un formigo no corpo, unha calor, un non sei que que me traía inquieto, dunha banda cara a outra, de babor a estribor …" (Xosé Ramón Pena: A era de Acuario)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.