babuíno

Primate da familia dos cercopitécidos, de fociño alongado, cinocéfalo, labios prominentes e calosidades isquiáticas

Etimoloxía

Denominación que se adapta do equivalente francés babouine.

Exemplos *

“Os babuínos forman parte dunha rama da evolución con 30 millóns de anos de antigüidade que diverxeu da rama que evolucionou cara ós chimpancés e os humanos.” (Shankar Vedantam: O Correo Galego, 16-10-2001)

“Pode tentarse protexer un paciente cuxo órgano foi danado por un microbio, cun órgano dunha especie con inmunidade natural fronte a ese microbio. Esa é a razón de que se teñan transplantado fígados de babuínos a enfermos de hepatite B, e medula ósea da mesma especie de simio a enfermos de SIDA.” (Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández: As bioinvasións na Galiza, 2004)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.