bácaro

Porco pequeno que aínda mama

Etimoloxía

Termo de orixe probablemente prerromana.

Exemplos *

“Somos as mulleres / que vimos comprar / os nosos bacaros / pa poder criar.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego, 1980)

“Tende o sangue ben groso / que estandes ben calmosiños / malia a quén nos madou / desafiar con bacuriños.” (Xoaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.