bacelo

Videira nova / Vara de videira

Etimoloxía

Palabra que bebe na latina bacillu que é un diminutivo de baculu que significaba ‘bastón’.

Exemplos *

“Percorre, afouto, terras / de frondentes bacelos / criadoiros de mostos / consolo dos sedentos.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Saga do río Pándigo”, Cantarena, 1981)

“Sentín alivio á vista do novo panorama: verdes bacelos separados entre si por valos de estacas entrelazadas, carballas de séculos, lameiros salferidos de ovellas e vacas que facían tintinar as cinzarras.” (Beatriz Lorenzo López: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.