bacía

Depresión dun terreo caracterizada porque as súas augas van a un mesmo río, lago, mar etc.

Etimoloxía

Termo que bebe do latino *baccinus ‘cunca’.

Exemplos *

“Un forte temporal en decembro, con chuvias e ventos con forza de furacán, azouta case toda Europa: a partir de Portugal, os desbordamentos dos ríos foron xeneralizados. A bacía norte en Galicia foi a zona máis castigada: o Miño e o Sil saíron do seu leito en varios tramos.” (Mª Luísa Losada Sanmartín: Historia da meteoroloxía e da climatoloxía de Galicia, 2008)

“Daquela, o Estado necesitaba de materias primas, pero tamén de recursos enerxéticos cos que transformalas e déronse as concesións para o aproveitamento hidroeléctrico integral de practicamente todas grandes bacías galegas (Miño, Sil, Ulla, Navia, Limia ou Lérez). Así, os nosos mellores vales fluviais, ata entón fonte privilexiada de recursos alimentarios, foron violentamente transformados en lagoas encoradas para a produción de enerxía eléctrica.” (Daniel López Vispo: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 3-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.