Golpe que dá o badalo na campá.
Etimoloxía
Creado sobre o termo badalo este provén do latín vulgar *batuaculum que procedía do clásico battuere 'bater'.
Exemplos *
"O reloxo da vila, cadencioso, avisaba da hora, con badaladas curtas e constantes." (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz)
"Un vello reloxo de parede indicou coas súas tristes badaladas as doce da noite." (Ángel de la Cruz: O descenso do derradeiro ocaso)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


