badía

Entrada do mar na costa, máis pequena ca o golfo, que pode servir de abrigo ás embarcacións

Etimoloxía

A orixe desta palabra ofrece algunha dúbida, crese que se relaciona coa francesa ‘baie’ e esta remite ao latín ‘baia’ que significaba ‘porto pequeno’.

Exemplos *

“Antre a calima / traspondo o meu ollar / esquivou-se o velamio / Deixou-nos a badía / chea d’a sua ausenza / e a mañán sin perspeitiva” (Manuel Antonio: “Adeus” en De catro a catro, 1928)

“Ambos os dous inventos foron estreados en Vigo para o rescate dos tesouros de Rande, na época en que Verne escribiu a súa novela. É unha proba máis de que o xenio de Nantes se inspirara para o libro nas operacións de rescate dos tesouros que se desenvolvían na badía viguesa neses anos, e que estaban a empregar por vez primeira os maiores adiantes en submarinismo.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 2-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.