bádminton

Deporte en que se enfrontan dous xogadores, ou dúas parellas de xogadores, sobre un campo rectangular dividido transversalmente por unha rede, que consiste en golpear o volante cunha raqueta de maneira que, pasando por riba da rede, toque no chan do xogador contrario

Etimoloxía

Voz tomada do inglés badminton, e este vocábulo procede do topónimo Badminton, lugar onde se practicou por primeira vez en Gran Bretaña.

Exemplos *

“A Xulio non lle cabía o pan no corpo e, de inmediato púxose a escribir pedindo redes para porterías, balóns de varios deportes, camisetas de dúas cores, raquetas de bádminton e todo o que se lle foi ocorrendo.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias  de tres anos da miña vida como mestre na illa, 2018)

“Comezan as dúas a facer unha demostración de bádminton, mais a pelota cae moi a miúdo ó chan, provocando risos esaxerados e infantís nas dúas.” (Úrsula Heinze: Anaiansi, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.