bafa

Aire quente e sufocante, frecuente no verán

Etimoloxía

Palabra relacionada con “bafo”, esta procede da onomatopea ‘baf’ que fai referencia ao sopro de vapor.

Exemplos *

“Uf!, ía moita calor aquela noite. Bafa, máis ben, ou sexa: aínda para estarmos en verán respirábase no aire un chorrazo sufocante. Que caloraza...!” (Anxo A. Rei Ballesteros: A sombra dos teus sonos, 1998)

“Unha ducia de provincias están en aviso laranxa por altas temperaturas. Unha sensación de bafa que non se calma nin de noite.” (AA.VV: “Unha vaga de calor extrema afecta boa parte da península e Baleares” en G24.gal, 13-6-2022)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.