bafarada

Golpe ou exhalación de aire, bafo, calor, fume etc.

Etimoloxía

Palabra derivada partindo de “bafo” que é unha palabra de orixe onomatopeica.

Exemplos *

“O pequeno lagarto levaba horas inmóbil baixo a pedra requecida polo sol. A intervalos regulares, os seus costados inchábanse e desinchábanse mentres respiraba o ar tórrido que o rodeaba, como unha bafarada saída do inferno.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

“A terra, calcinada, despide bafaradas de aire quente; o asfalto da estrada está líquido e os grilos cántanlle a unha lúa vermella que preside, redonda e xigantesca, as anchas planicies.” (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela/ Transportistas, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.