bagazo

Residuo de certos froitos como a uva ou a oliva, despois de espremelos e sacarlles o líquido.

Etimoloxía

Esta palabra é un derivado da voz baga, que se creou a partir do latín bacca 'froito miúdo'.

Exemplos *

"Moitos anos máis tarde, cando sentiu a necesidade de volver, nunha adega da cidade escavada na terra, tivo a mesma sensación de tépeda frescura, de humidade e bagazo, esterco e vida, que lle producía a alcoba do avó …" (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela)

"Para unha ola (16 litros) de licor café: dezaseis litros de augardente do bagazo do viño tinto, un quilo de café, oito quilos de azucre e tres ou catro litros de auga." (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas grastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.