baía

Entrada do mar na costa, máis pequena ca o golfo, que pode servir de abrigo ás embarcacións

Etimoloxía

Crese que é unha palabra relacionada coa francesa baie de significado semellante.

Exemplos *

“Voaban sobre o Sund, sobre o Kattegat, sobre as illas e as luces dos faros, deixando atrás as illas, as dunas, as casas dos pescadores nas baías e a vella casa onde ela, a peregrina, os ollaba pasar asomada ás fiestras, ás portas, sobre as altas follas da noite.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton / Últimos días en Rüngstedlund, 2018)

“Mentres os mergulladores abren cofres cargados de metais preciosos, Nemo pronuncia as súas históricas palabras: "Nestes mesmos instantes atopámonos na baía de Vigo e só de vostede depende descubrir os misterios que nela se agochan".” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 2-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.