Persoa que baila ou bole moito
Etimoloxía
Termo que se crea sobre o verbo “bailar” que procede do latín tardío ballare ‘bailar’.
Exemplos *
“Recibiu un couce nos troles e caíu arrastrando unha mesa con tapete, unha bailadeira vestida de tule, elevada en puntas de pés , e un cinseiro cun afiador pintado e a lenda Terra da Chispa.” (Bieito Iglesias: Pan e coitelo. Novela moi moral, 2008)
“Rubindo a costa levantaba os calcañares deica ficar, ó xeito dunha bailadeira, ergueita na mesma ponta dos pés.” (Antón Alonso Ríos: O siñor Afranio ou como rispei das gadoupas da morte (Memorias dun fuxido), 1979)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.