bailador, -ora

Persoa que ten o baile como profesión ou afección

Etimoloxía

Voz derivada sobre o verbo “bailar” que quizais veña do latín tardío ballāre, e este bebería no grego pállein 'axitar', 'bailar'.

Exemplos *

“Meu bailador, diría alguén cando o Aqueronte quedase atrás, meu bailador, e soarían gaitas e voces e camaradas e glorias de coraxe e clamor compartido.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)

“...representan, galanos e uniformados, o máis extravagante dos exércitos arredor dunha enorme pirámide: humanoides vestidos de satén e puchas coloradas, grandes abanos de palma, bailadoras negras, columnas de alabastro e bafaradas de incenso.” (Víctor Fernández Freixanes: O enxoval da noiva, 1988)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.